Fóra de Xogo presenta unha xornada de deportes minoritarios

Fóra de Xogo presenta unha xornada de deportes minoritarios

Este domingo Fóra de Xogo, unha iniciativa da Xunta de Galicia enmarcada no Encontro Xove que busca promover os deportes minoritarios, chega á antiga estación de autobuses da Estrada.

Todo comezará cun almorzo conxunto co que os colectivos participantes poderánse coñecer mellor. Tras isto, ás 10.00 horas comezarán os diferentes torneos, cada un con candanseu premio.

Ás 10.00 horas darán inicio o Smash Bros – un e-sport – e os xogos libres de Magic, un xogo de cartas considerado deporte mental pola súa complexidade estratéxica, e Pickleball, un deporte en auxe que combina elementos do tenis e do bádminton. Ademais, deste último abrirán as inscricións ás 10.00 horas.

Smash Bros // cedida

Ás 11.00 horas será o turno do Kpop, un deporte de expresión artística e danza alternativa, que comezará cun Random dance. O programa deste deporte tamén inclúe Kahoot e Bingo musical (13.00 horas), proxección (15.00), o Kpop Dance Constest (17.00) – que contará con competición individual e colectiva – e outro random dance (19.00).

Kpop // cedida

Pola tarde tamén arrancarán os torneos Chaos Draft de Magic (16.30h) e o de pickleball (17.00h).

Partida de Magic // cedida

Asemade, celebraránse varias charlas. Ás 12.00 horas terá lugar a primeira, sobre emprendemento; ás 15.00 horas outra sobre asociacionismo e ás 17.00 horas, unha última sobre xestión de equipos e deporte, impartida por Marcos Gañete.

Imaxe de portada: Pickleball // cedida

Comentarios

Deixar un comentario