De compartir equipo a fundar unha empresa xuntos

De compartir equipo a fundar unha empresa xuntos

Juanín e Gonzalo Gómez crearon RG AquaClima

Na tempada 2017-2018 Gonzalo Gómez e Juan Rey (Juanín) compartían equipo no Estradense, sendo esta a orixe dunha gran amizade. Aínda que Gómez cambiou o esférico pola bicicleta e Juanín converteuse en xogador do SP Estrada, non quere dicir que non deixaran de facer cousas xuntos.

Hai uns días nacía RG AquaClima, a empresa fundada por ambos. A súa sede atópase no lugar de Balboa, en Arnois e ofrecen servizos de fontanería, calefacción e climatización.

A plantilla, formada por un “equipo de profesionais con máis de dez anos de experiencia no sector”, oferta os seus servizos tanto a particulares como a empresas do concello da Estrada e da súa contorna, como poden ser Cuntis, Silleda, Lalín, Vedra, Teo, Santiago de Compostela, Vila de Cruces e Boqueixón.

Promoción de apertura

Actualmente teñen en marcha un sorteo dunha estufa de pellets Watt de 9 kW. Poderáse participar nel a través do programa Salta da Cama Magazine, que presenta Pablo García ‘Chichas’ en Radio Estrada. O sorteo está aberto ata o 19 de decembro. Ademais, pódese conseguir un número extra seguindo á empresa en Facebook.

Imaxe de portada: Juanín e Gonzalo Gómez // cedida

Comentarios

Deixar un comentario