O equipo de goberno atópase traballando nos que serán os orzamentos de 2026. Segundo avanzou o concelleiro de Economía e Facenda, Alberto Blanco, as diferentes concellerías xa trasladaron cadansúa proposta de gasto e que, aínda que actualmente aínda non se pode ofrecer unha cifra que resuma as previsións de gasto, a nivel interno xa se baralla unha aproximación.
Asemade, comentou que se poderán destinar fondos á maioría de propostas recibidas, sendo o apartado de Servizos Sociais o que recibirá a principal partida. Parte dos cartos destinaránse á contratación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que non se fixo este ano ao non se ter contemplado o aumento salarial.
“É unha das partidas que máis nos compromete”
Alberto Blanco, concelleiro de Economía e Facenda, sobre os Servizos Sociais
A previsión é poder levalos no mes de novembro á comisión informativa para, así, aprobalos no mes de decembro no pleno ordinario ou, no seu defecto, nun extraordinario. Tras ser aprobados, continuaráse o procedemento coa fase de exposición, resolución de alegacións (se as houbera) e publicación para a entrada en vigor.

Deixar un comentario