A AEMET activa avisos amarelos por un novo temporal de chuvia e vento

A AEMET activa avisos amarelos por un novo temporal de chuvia e vento

Desde este martes e ata o mediodía do mércores o interior da provincia de Pontevedra — onde se atopan os concellos da Estrada, Cuntis e Forcarei — estarán en aviso amarelo por un novo temporal de chuvia e vento.

Segundo a AEMET, desde as 12.00 horas deste martes permanecerá activo un aviso polos refachos de vento, que poden chegar aos 70km/h. Coa chegada da medianoite, activaránse outros dous polos acumulados de chuvia, podendo rexistrarse 15mm nunha hora e 40mm en 12.

Niveis de aviso

  • Verde: Sen risco meteorolóxico
  • Amarelo: Non existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral, pero si para algunha actividade concreta.
  • Laranxa: Existe un risco meteorolóxico importante (fenómenos meteorolóxicos non habituais e con certo grado de perigo para as actividades habituais).
  • Vermello: Risco meteorolóxico extremo (fenómenos meteorolóxicos non habituais, de intensidade excepcional e cun nivel de risco para a poboación moi alto). Non viaxe salvo que sexa estritamente necesario.

Comentarios

Deixar un comentario