Incautaron preto de 2,5 quilos de cocaína e dous vehículos de alta gama
A Policía Xudicial da Garda Civil de Lalín e o Posto da Estrada deron por desarticulado un grupo criminal adicado ao tráfico de cocaína no marco da Operación Atamán. Detiveron a un home de 50 anos de idade e a unha muller de 44, ambos veciños de Matalobos. Ademais, investigaron a outro varón de 38 anos.
Ás tres persoas, presuntas responsables dos delitos, acúsaselles a comisión de delitos contra a saúde pública, blanqueo de capitais e pertenenza a grupo criminal.
No rexistro domiciliario e na inspección dun vehículo, atopáronse varios paquetes de cocaína, cuxo peso bruto era de 2.468 gramos. Asemade, foron incautados dous vehículos de alta gama, utensilios para a elaboración e distribución de estupefacientes e cartos en efectivo.
Aínda que non tiñan ningunha actividade profesional, gozaban dun alto nivel de vida e ata dito punto de venda de droga achegábanse toxicómanos de toda a provincia. Ademais, contan con antecedentes por delitos similares, amais de varios ingresos en prisión.
A operación foi dirixida e coordinada polo Tribunal de Instancia, sección civil e de Instrucción Número 2 da Estrada. Na mañá deste luns os detidos pasaron a disposición xudicial, decretándose o ingreso en prisión do varón.
Imaxe de portada: cuartel da Garda Civil na Estrada // Xornal da Estrada


Deixar un comentario