Desde este luns están á venda as entradas para Anduriña, o concerto tributo a Juan Pardo de Antonio Barros e iAlma. Pódense adquirir no Concello e custan cinco euros.
O tributo terá lugar o vindeiro venres 7 ás 20.30 horas no Teatro Principal. Serán 75 minutos nos que se recordarán algunhas das cancións máis coñecidas do cantante galego nado en Palma (Mallorca). Será un concerto acústico, a piano e voz, que servirá para homenaxear a este autor tan ligado á Estrada.
Antonio Barros gañou o concurso da TVG O sucesor de Juan Pardo e contará coa maxia da súa inseparable iAlma.

Deixar un comentario