“Pum pum, quen hai?” este sábado no Principal

“Pum pum, quen hai?” este sábado no Principal

Este sábado 8 o Teatro Principal acollerá a comedia musical Pum pum, quen hai?. Será ás 12.30 horas e durará 50 minutos. Destinada a un público maior de 3 anos, as entradas pódense adquirir de xeito anticipado desde este luns no Concello da Estrada por un prezo de 3 euros.

Gaia, unha nena moi inquieta, xogará co público máis novo ao xogo máis popular da súa aldea á vez que lles falará da tolemia que asolou á súa casa a primeira vez que chegaron novos veciños. Os máis cativos bailarán e rirán na compaña da Tía Maruxa e Don Rosmón.

Imaxe de portada: Pum pum, quen hai? // Captura de pantalla

Comentarios

Deixar un comentario