O Concello pagou os atrasos da RPT

O Concello pagou os atrasos da RPT

O Concello da Estrada pagou neste mes de outubro os atrasos da RPT que se produciron entre 2016 e 2021. O gasto total ascendeu a 2.787.000 euros, dos que 1.719.586,52 aboáronse a principios de mes nun pago extraordinario. O montante restante, correspondente a intereses e cotizacións á Seguridade Social, pagouse a finais de outubro. En total víronse beneficiados 113 traballadores.

Os pagos cargáronse á remanente existente que, o alcalde Gonzalo Louzao, atribuíu a unha adecuada xestión económica.

Imaxe de portada: reunión de Gonzalo Louzao cos traballadores no mes de xuño // Concello da Estrada

Comentarios

Unha resposta a “O Concello pagou os atrasos da RPT”

  1. Avatar de López Bueno pide dimisións polos atrasos no pago da RPT – Xornal da Estrada

    […] voceiro do PSOE da Estrada, Luis López Bueno, valorou o pago dos atrasos aos traballadores municipais que se fixo este mes de outubro — os atrasos correspóndense ao periodo 2016-2021 –. […]

    Gústame

Deixar un comentario