O coñecido como Banco da Boa Sorte, instalado no punto xeodéxico de Outeiro Grande, entre as parroquias de Sabucedo e Liripio vén de facer 1 ano. Feito con 110 ferraduras de cabalo gardadas despois de peregrinar a Santiago nos últimos anos, é o primeiro banco-mirador da Estrada e conta con vistas ás catro provincias galegas, chegándose a divisar o mar. Ademais, conta co atractivo de ser un banco xiratorio.

En moi pouco tempo acadou unha gran fama, sendo habitual atoparse nos días de bo tempo con coches aparcados nos seus accesos. De feito, chegou a ser visitado por un grupo de portugueses e, o pasado Nadal, varias persoas achegáronse ata el para pasar os décimos da Lotaría de Nadal e, así, ter sorte.

Imaxe de portada: o Banco da Boa Sorte // Xornal da Estrada

Deixar un comentario