López Bueno pide dimisións polos atrasos no pago da RPT

López Bueno pide dimisións polos atrasos no pago da RPT

O voceiro do PSOE da Estrada, Luis López Bueno, valorou o pago dos atrasos aos traballadores municipais que se fixo este mes de outubro — os atrasos correspóndense ao periodo 2016-2021 –. Algo do que asegurou “alegrarse”, pois pagouse “o que se debía”, aínda que “o único que conseguiu o PP neste tema foi aumentar a débeda”.

Lembrou que o equipo de goberno levaba advertindo desde 2021 que “ía chegar este día” e que o total que houbo que abonar (2.787.000 euros) é consecuencia dos atrasos á hora de pagar por parte do goberno local.

Dos 2.787.000 euros, 1.719.586,52 correspóndense a salarios. O restante son os intereses xerados e as cotizacións á Seguridade Social.

Fonte: Concello da Estrada

Criticou que o goberno que el considera  “irresponsable, temerario e cabezón” decise “embarcarse nunha estratexia xudicial suicida pagando os avogados cos cartos dos veciños e veciñas, para chegar ao resultado de ter que pagar unha cantidade indecente en concepto de nóminas atrasadas, xuros de demora e cotas atrasadas á Seguridade Social”.

O socialista tamén considerou que “é o momento de que alguén asuma a responsabilidade política por esta xestión”.

“Se non hai dimisión do Concelleiro de Persoal nin do Director de Réxime Interna nomeado a dedo, o que ten que facer Gonzalo é notificarlles o seu cese”

Luis López Bueno, voceiro do PSOE da Estrada

Imaxe de portada: Consistorio da Estrada // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario