María Pita, Rosalía de Castro e Isabel Zendal como cómicas do século XXI

María Pita, Rosalía de Castro e Isabel Zendal como cómicas do século XXI

Que dirían María Pita, Rosalía de Castro ou Isabel Zendal se fosen cómicas hoxe en día? Iso é o que nos propoñen descubrir Ledicia Sola, Marta Doviro e Carmen Méndez no espectáculo As r(h)umorosas.

Será o sábado 8 ás 20.30 horas no Teatro Principal cando se poderá coñecer como actuarían nunha entrevista no SEPE, nun programa de chismes ou nun cásting.

As entradas pódense adquirir por seis euros no Concello da Estrada ou en ataquilla.com. De 80 minutos de duración, esta mistura de sketchs cómicos, música e monólogos abrirá o ciclo da Muller do Concello da Estrada.

Imaxe de portada: As r(h)umorosas // Captura de pantalla

Comentarios

Deixar un comentario