O Grupo Naturgy informou este mércores ao Concello da Estrada de que, co fin de efectuar os traballos de mantemento da rede eléctrica que son precisos para atender en mellores condicións a subministración da zona, o vindeiro venres 7 producirase un corte programado entre as 12.00 e as 14.00 horas. Vaise proceder a deixar sen servizo unha serie de instalacións e, como consecuencia, poderíanse producir cortes no subministro eléctrico durante ese intervalo de tempo.
As zonas que se prevé que poidan verse afectadas son as da Avenida de Pontevedra e do Pedregal.
Imaxe de portada: // Daniel Reche / Pexels


Deixar un comentario