Hai máis clases de bechos no mundo que do resto de especies animais. A través das araños, saltóns, abellas, escaravellos e outras especies da comedia Bichitos apreciaremos a importancia de respectar e valorar aos nosos pequenos veciños invertebrados.
Esta obra de teatro divertidísima, que encherá o escenario de sorprendentes animais de tamaño xigante e que axudará a sensibilizar o espectador no coidado do medio ambiente xa ten as súas entradas á venda no Concello da Estrada por un prezo de 5 euros.
A representación será o vindeiro sábado 25, ás 18.00 horas, no Teatro Principal. Terá unha duración de 50 minutos e está destinada a un público maior de 3 anos.
Imaxe de portada: Bichitos // Captura de pantalla


Deixar un comentario