Un ferido nun accidente no Souto de Vea

Un ferido nun accidente no Souto de Vea

Ás 13.15 horas deste mércores producíase un accidente na PO-841 ao seu paso polo Souto de Vea. Un guindastre de materiais bateu cun vehículo, resultando unha persoa ferida leve. Foi necesario dar paso alternativo por un carril.

Ata o punto desprazaronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, 061, Mantemento de Estradas, Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea e Grúas Foxomotor.

Imaxe de portada: vehículo sinistrado // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea

Comentarios

Deixar un comentario