Dende hai varias semanas un cartel anuncia o que pasou este xoves: o inicio das obras do segundo treito da AG-59, ese que unirá Pontevea co Rollo.
Terá catro quilómetros de lonxitude e será a colmatación da autovía Santiago – A Estrada. Contará con dous viadutos, un sobre o Ulla e outro sobre o Vea, ademais dun paso superior e catro inferiores, por onde están comezando as obras.

Destinaránse 31 millóns de euros, que se suman aos 32,3 do treito que unirá A Ramallosa con Pontevea e que continúa en construción. Segundo María Martínez Allegue, conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, as obras remataránse nos primeiros meses de 2026.
Allegue, presente xunto cos alcaldes da Estrada e Teo, Gonzalo Louzao e Lucía Calvo no inicio dos traballos, lembrou que no primeiro treito foi necesario facer voaduras.
Comentou que a Xunta traballa co obxectivo de que a autovía estea rematada no 2028, acadando unha lonxitude total de 14 quilómetros e un investimento de 67 millóns de euros na construción de ambos tramos. Asemade, lembrou que permitirá ir desde o concello da Estrada ata o de Santiago en 10 minutos.

A autovía contará con dous carrís por sentido, cada un de 3,5 metros. A beiravía exterior terá 2,5 metros de ancho e a interior, 1,5. A mediana será de 2 metros de ancho.

Imaxe de portada: visita ao inicio das obras // Xunta de Galicia


Deixar un comentario