A Estrada e Cuntis reúnense con outros concellos para impulsar un servizo de recollida de lixo supramunicipal

A Estrada e Cuntis reúnense con outros concellos para impulsar un servizo de recollida de lixo supramunicipal

Representantes dos concellos de Caldas de Reis, A Estrada, Cuntis, Moraña, Portas, Barro e Campo Lameiro reuníronse este martes no Concello de Caldas de Reis para sentar as bases que sirvan para poder impulsar un servizo de recollida e tratamento de lixo de carácter supramunicipal.

Os presentes , acordaron elaborar un estudo que permita detallar as fórmulas máis axeitadas á hora de economizar e reducir os custos desta prestación. Do mesmo xeito, conviñeron contactar coa Deputación de Pontevedra para acadar a colaboración do ente provincial para impulsar este proxecto.

Tal e como explicaron os asistentes, preténdese valorar que fórmula é a máis axeitada para que este servizo se xestione de xeito supramunicipal, como poden ser a creación dun consorcio ou a agrupación dos Concellos.

Imaxe de portada: reunión en Caldas de Reis // cedida

Comentarios

Deixar un comentario