Á venda as entradas para “As formas do amor”

Á venda as entradas para “As formas do amor”

Ai… o amor. Pero que é para cada un o amor? En As formas do amor poderémolo descubrir a través dunha parella. Será un deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois, un desese que poñen todo patas arriba e nos transforman de arriba a abaixo.

Quen escribe estas liñas non sabe se o vindeiro venres, 21 de novembro (20.30h), será o momento sinalado no que, despois de tanto tempo separados, volvan atoparse por segunda vez, pero si que garante que as invitacións, que son de balde, xa se poden adquirir no Concello da Estrada. Será unha ocasión inmellorable para emprendernos unha viaxe emocional cara iso que chamamos “amor”.

Ficha técnica

AS FORMAS DO AMOR

Verdeveras E.A.

DÍA: Venres 21 de novembro

HORA: Ás 20.30h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO: Comedia

DURACIÓN: 65 min

PÚBLICO: +16 anos

PREZO: De balde, con retirada previa de invitación a partir do 17 de novembro no Concello

Imaxe de portada: As formas do amor // Captura de pantalla

Comentarios

Deixar un comentario