O Grupo Municipal Socialista da Estrada presentou unha moción perante o pleno para rexeitar que A Estrada, xunto con Forcarei, Silleda, Lalín, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón, pase a depender da Subdelegación Territorial de Pontevedra no canto da de Santiago coa creación do Instituto de Mendicina Legal de Galicia.

Este traslado, comentan, farían que os tempos de desprazamento aumenten, de media, 27 minutos e a distancia, 28 quilómetros. Ademais, estas “molestias”, tal e como as definen na moción presentada, prodúcense nun ámbito sensible como o do IMELGA, que se encarga dos levantamentos de cadáver, asistencia aos detidos, autopsias, recollida de efectos persoais de falecidos, pericias viogen e agresión sexual, equipos psicosociais e valoracións para capacidade ou incapacidade, entre outros.
Aínda que o servicio do IMELGA Santiago atópase saturado, comentan, “esta solución non garante que o Servizo de Pontevedra vaia a ser mellor, xa que se incrementa o número de cidadáns que pasarían a esa Subdirección [uns 63.000]” pero non se recollen aumentos de persoal.
“No mellor dos casos, os veciños e veciñas do Concello da Estrada seguiremos na mesma situación de atención precaria e tardía, pero facendo máis quilómetros”
Moción do PSOE da Estrada
Asemade, explican, os servizos funerarios tamén se verán afectados os servizos funerarios, pois deberán trasladarse a Pontevedra “co incremento de custos que iso terá para esas empresas e os seus clientes”.
Por iso, piden que o pleno rexeite a modificación do decreto que rexe o IMELGA e que se propoña manter os concellos citados anteriormente na área de Santiago e que se dote de máis profesionais ás diferentes Delegacións e Subdelegacións.

Deixar un comentario