Este sábado ás 19.00 horas o Novo Mercado acollerá un tardeo intercultural organizado pola Asociación Imaxina e Axuda no marco fo seu programa Acción na Noite. Terá lugar no segundo andar do edificio.
De 19.00 a 20.00 horas celebraráse un trivial intercultural. Ao remate, collerán o relevo Martha Weat (de 20.00 a 21.00 horas) e Xiramores (de 21.00 a 21.30 horas). Asemade, terán filloas caseiras, comida venezolana e xogos para todas as idades.
Acción na Noite é unha iniciativa de Imaxina e Axuda financiada con fondos da Deputación de Pontevedra. Nela realízanse actividades de ocio nocturno alternativas para a rapazada de entre 12 e 25 anos.
Imaxe de portada: xogos de taboleiro en Acción na Noite // cedida

Deixar un comentario