Como é a noite ideal xove?

Como é a noite ideal xove?

Directiva de Imaxina e Axuda

Dende Imaxina e Axuda defendemos dende os nosos inicios o ocio saudable, as actividades sociais e o asociacionismo como núcleo de cooperación xuvenil.

En 2023 realizamos na Estrada coa colaboración de Arousa Moza o proxecto Encontro Mozo o cal buscaba detectar as necesidades da xuventude para mellorar a situación da mesma.

Tras recorrer todos os institutos e realizar unha xornada para traballar as propostas en profundidade, realizouse un pleno extraordinario cos distintos grupos de goberno para compartir os resultados do mesmo.

Unha das necesidades máis alarmantes foi a falta de ocio nocturno xa que a escasez de actividades forzaba en moitos casos o ocio nocturno de “ir de bares”. Tras coñecer esta problemática intentamos actuar dende a nosa asociación para sacar un proxecto desta temática pero non hubo sorte cos resultados da convocatoria polo que non contamos co material necesario para realizar obradoiros. 

Pero nese momento o concello xa estaba a traballar noutra proposta! 

Un ano e medio despois comenzaron as Noites Novas un proxecto formado por distintos obradoiros como: maquillaxe creativa, coctelería 0,0 ou un escape room que tuvo unha gran acollida entre a mocidade estradense e ofrecía aos xóvenes unha solución real e eficaz ante esta necesidade.

Pasaron os meses e dende Imaxina e Axuda optamos a subvención “Máis Xuventude” da Deputación de Pontevedra polo que poidemos empezar a traballar nese proxecto que levaba dous anos maquinando titulado Acción Na Noite. Este contou con actividades coma: creación de candeas, pintar a túa taza ou noite de videoxogos.

Obradoiro de candeas caseiras

Grazas ao desarrollo de Noites Novas e Acción Na Noite a xuventude pudo contar con actividades todas os sábados de outubro e novembro!

Para coñecer a opinión dos estradense realizamos distintas visitas a centros educativos e publicacións en redes sociais.

Un punto polémico  a destacar nestas actividades foi o horario xa que a maioria de actividades remataban entre as 23:00 e as 00:00, horario que para moitas personas non era funcional xa que en inverno oscurece antes  e “as actividades gratuitas en horario de tarde tamén son limitadas”. Tras isto modificouse as últimas xornadas de Acción Na Noite cun horario de 19:00  a 22:00 os xogos de taboleiro e o tardeo intercultural.

O resultado en xeral foi o aumento de rapaces entre 12 e 14 anos e a disminución dos maiores de 19.

Por iso,  dende Imaxina e Axuda plantexamos as seguintes cuestións

Que actividades necesita a xuventude?

Cal é o horario ideal de estas?

Para calquera proposta contacta con: imaxinaeaxuda@gmail.com

Imaxe de portada: Encontro Mozo 2023


Un proxecto de

Comentarios

Deixar un comentario