Este luns foron postas á venda as entradas físicas para a Festa Pre Fin de Ano que se celebrará o vindeiro venres, 26 de decembro, na Estrada.
No concello da Estrada pódense adquirir nas cafeterías Invictus e Baiuca, na cervexería Eureka e na tenda Bernabé, mentras que no de Silleda véndense no café-bar Arume (A Bandeira), na tenda Bernabé e no bodegón Trujillo. Asemade, pódense adquirir a través de ataquilla.com. O prezo de venda inicial é de 12 euros, pero despois subirá a 15.
A festa celebraráse o 26 de decembro no Recinto Feiral da Estrada. As portas abriránse ás 21.00 horas e as actuacións comezarán ás 21.30. Actuarán a París de Noia, Carlos López, Marcos Quintana, Dumore e Michenlo. O aforo previsto é de 2.000 persoas.
Imaxe de portada: presentación da festa, o pasado venres // Concello da Estrada

Deixar un comentario