O xurado da Gala do Deporte 2025 outorgou a Alfonso Sanmartín Carbón o premio á súa traxectoria deportiva despois de que estivese máis de 36 anos vecellado ao deporte local. Esta foi a única elección que trascendeu despois da reunión que mantiveron este luns.
O xurado, formado polo concelleiro de Deportes, Ismael Pena, o técnico municipal de A Estrada Deporte, David Carballo, e os concelleiros Amalia Goldar, Belén López, Sindo Villamayor e Mar Blanco, validou as candidaturas para todas as categorías e aprobou de xeito unánime as catro mencións de honra. Os gañadores e as mencións de honra non se coñecerán ata a celebración da gala o 22 de decembro ás 20.00 horas no Teatro Principal.
En canto ao Premio á Traxectoria, elixiuse por unanimidade a Alfonso Sanmartín Carbón, quen formou parte da directiva do CD Estradense na sección de baloncesto e dirixiu o mítico EDM ata a súa desaparición neste 2025.
A entrada da Gala do Deporte será de balde pero, por motivos de aforo, é necesario retirar o convite no departamento de Deportes (4º andar do Concello) a partir do martes 9 de decembro. Antes, asignaránse as entradas aos clubs e deportistas.
Os premios
Nominados
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO
- Javier Martínez Carracedo (automobilismo)
- Alejo “Keko” Ferreiro (surf)
- Samuel Tato (judo)
MELLOR DEPORTISTA FEMININA
- Iziar Barcala (bádminton)
- Arauia Al Bachere (atletismo)
- Dori Carbia (culturismo natural)
MELLOR DEPORTISTA MASCULINO BASE
- Darío Míguez (bádminton)
- Joel Castro Toledo (loita tradicional)
- Andrés Carballeda (salvamento)
MELLOR DEPORTISTA FEMININA BASE
- Aroa Martínez (ximnasia)
- Candela Fajardo (tenis)
- Paula Pena (salvamento)
DEPORTISTA / CLUB REVELACIÓN
- Libertad Morales (judo)
- Aya Nabaoui (karate)
- Carla Pintor (atletismo)
MELLOR ADESTRADOR
- Sofía Mosteiro (Club Ximnasia)
- Marcos Otero (Atletismo A Estrada)
- Manuel González “Manuti” (CD Estradense)
MELLOR CLUB
- Atletismo A Estrada
- Club Tenis Recreo Cultural
- CNS A Estrada
MELLOR EQUIPO
- CD Estradense
- Club Tenis RC Absoluto Feminino A
- Club Bádminton A Estrada
MELLOR EVENTO DEPORTIVO
- VIII Campionato Infantil de Judo (Judo Club Base)
- XXI Trofeo Baile Deportivo (CBD Sondodance)
- XIV Raid Hípico Festa do Salmón (Socade)
ENTIDADE DE APOIO AO DEPORTE
- Sometal SLU
- Start Motor
- Restaurante Rio Liñares
Outros premios
MENCIÓNS DE HONRA
Serán 4 e xa foron aprobadas de xeito unánime
▶ PREMIO Á TRAXECTORIA
Alfonso Sanmartín Carbón
CD Estradense de Baloncesto e EDM
Imaxe de portada: xurado da Gala do Deporte // Concello da Estrada


Deixar un comentario