A Estrada rexeita a violencia contra a muller

A Estrada rexeita a violencia contra a muller

Ás 20.00 horas deste martes a Praza do Concello acolleu un acto polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O acto contou co acendido de varias candeas que formaban o símbolo da muller, a lectura do manifesto aprobado de xeito unánime polo pleno da Estrada e, ao remate, un minuto de silencio.

Nos centros educativos tamén celebraron actos polo 25N. No IES Antón Losada Diéguez ás 12.00 horas pararon a súa actividade lectiva para proxectar o manifesto en todas as aulas. Ademais, os alumnos de 3º e 4º de ESO fixeron unha intervención artística coa colocación de paraugas con lemas; tiveron un photocall contra a violencia de xénero; celebraron un concurso de carteis; expuxeron libros na biblioteca e repartiron marcapáxinas conmemorativos.

Manifesto do 25N no IES Antón Losada Diéguez

Comentarios

Deixar un comentario