Alejandro Carballo segue sumando metais

Alejandro Carballo segue sumando metais

Alejandro Carballo continúa a conquistar premios deportivos. Este santiagués afincado dende hai cinco anos na Estrada vén de proclamarse coa Asociación Aspas subcampión da liga de fútbol sala e de quedar terceiro da de baloncesto.

Compite na principal división da liga de Special Olympics Galicia, unha competición autonómica para persoas con discapacidade intelectual. Ao longo da tempada enfrontáronse a equipos coma o Prodeme, o Aspacer ou o As Burgas.

Amais, hai dúas semanas proclamouse campión de España de fútbol sala en Ourense, unha vitoria que fora unha sorpresa para o equipo. Ademais, ten sido subcampión de España de natación e o seu seguinte reto é completar dous largos en competición. A súa especialedade é nadar de costas.

Imaxe de portada: Alejandro Carballo coas medallas e trofeos de segundo clasificado en fútbol sala e terceiro en baloncesto // cedida

Comentarios

Deixar un comentario