A Estrada conta con tres desfibriladores máis, dous deles móbiles

A Estrada conta con tres desfibriladores máis, dous deles móbiles

O Concello da Estrada continúa a apostar pola cardioprotección coa instalación dun Desfibrilador Externo Semiautomático (DESA) na Casa das Letras e de dúas unidades móbiles nos coches da Policía Local e de Emerxencias, que se suman aos xa instalados na Zona Deportiva.

O instalado na Casa das Letras permitirá que calquera cidadán poida facer uso del no caso dunha incidencia na zona da Praza do Concello, a alameda ou as rúas próximas. Este espazo abre ao público de luns a venres en horario de mañá e de tarde (de 9.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.30 horas) e os sábados de 10.00 a 13.00.

Entrega do desfibrilador a Emerxencias A Estrada // Concello da Estrada

As unidades móbiles coas que foron equipadas a Policía Local e Emerxencias A Estrada estarán sempre no vehículo que estea patrullando, polo que permitirá un acceso fácil no casco urbano, no caso do da Policía Local.

Estes súmanse ás cinco unidades xa instaladas, que se atopan no Pavillón Coto Ferreiro, no Manuel Regueiro, no Novo Municipal e nos campos de Vea e Callobre.

Imaxe de portada: entrega do desfibrilador á Policía Local // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario