A Parrillada El Gaucho (Lamela, Silleda) vén de recibir un dos máis de 300 Soletes de Nadal de Repsol, sendo un dos 18 establecementos galegos que o recibiu.
Os Soletes recoñecen “lugares que recomendarías a un amigo pola súa proposta apetecible, solvente e asequible que se visten de celebración sen perder o seu carácter cotián”. Con eles distínguese a locais tan variados como cafeterías, bares, restaurantes, sitios de comida rápida, viñotecas, xeaderías ou terrazas.
Un equipo de expertos en gastronomía busca continuamente lugares merecedores deste distintivo e, cando o reciben, entran no mapa da Guía Repsol.

Ademais de El Gaucho, este ano foron distinguidos na provincia ‘Casa Ces’ e ‘Tintanegra’ (Poio), ‘Confitería Solla’ (Pontevedra), ‘Vago Viños’ (Cambados) e ‘Regato Praia’ (Redondela). Na provincia da Coruña foron ‘Bodega 83’ (Betanzos), ‘A Tasquiña da Senra’ e La Quinta (Santiago de Compostela) e ‘Zahara’ (Ferrol).

En Lugo sumáronse aos Soletes de Nadal ‘Casa Damián’ (Alfoz), ‘Moure’ e ‘Garden Monforte’ (Monforte de Lemos) e ‘La Esquina’ (Guitiriz). No caso da provincia de Ourense engadíronse ‘Ollo Kanalla’ e ‘A Nené Ultramarinos’ (Ourense), ‘A Micalla’ (Allariz) e Casa Gaspara (O Carballiño).
Imaxe de portada: Entrega dos Soletes Repsol en Granada // cedida


Deixar un comentario