Unha muller foi atropelada na Avenida Benito Vigo

Unha muller foi atropelada na Avenida Benito Vigo

Unha muller resultou ferida ao ser atropelada mentras cruzaba na Avenida Benito Vigo. O suceso, que ocorreu pasadas as 19.00 horas, teríase producido á altura do número 49 desta rúa, mentras a ferida cruzaba en dirección á Pastelería Mimela, segundo avanza La Voz de Galicia. O turismo que a atropelou, engaden desde o citado medio, circulaba en dirección Cuntis.

No momento do sinistro a Policía Local estaba supervisando unha tubaxe rota na zona, polo que atenderon con rapidez á muller, que foi trasladada ao hospital.

Imaxe de portada: zona do atropelo // Google Street View

Comentarios

Deixar un comentario