Xornal da Estrada recupera o ‘Xornal Semanal’ con cambios na súa duración

Xornal da Estrada recupera o ‘Xornal Semanal’ con cambios na súa duración

Este domingo 7 de decembro Xornal da Estrada recupera o Xornal Semanal, o seu espazo en vídeo coas noticias máis destacadas da semana. O regreso faráse o mesmo día no que se fan 5 meses desde que se paralizaron as súas publicacións.

A partir de agora, cada domingo ás 19.30 horas poderáse ver en YouTube o mellor resumo da semana, aínda que con cambios na súa duración. Ese fora un dos motivos que levara ao cese das publicacións, polo que para esta nova etapa pasará dos seis minutos da primeira tempada a non durar máis de dous. Con esta modificación asegúrase a continuidade dun formato que o 15 de decembro fará un mes desde a súa estrea.

Rubén Rosende, presentador do Xornal Semanal, nunha das súas edicións // Xornal da Estrada

Reestrea cunha edición especial

A nova etapa do Xornal Semanal comezará cun especial polo acendido do alumeado de Nadal, que será un dos temas aos que se lle destinará máis tempo.

Imaxe de portada: logo do Xornal Semanal // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario