A Estrada acende un Nadal cunha ampla programación cultural

A Estrada acende un Nadal cunha ampla programación cultural

Este xoves o Concello da Estrada desvelou a súa programación cultural para o Nadal que, segundo o alcalde, fíxose pensando “en todas as idades” e no comercio local.

Niso incidiu o concelleiro de Promoción Económica, Óscar Durán, quen comentou que o alumeado “serve de reclamo para o comercio e alegra moito”. Mencionou que o traslado do photocall á beira do Palco da Música non se debe “a que estea alí o paquete de regalos da ACOE, senón que como no Nadal adoitan vir sorpresas se nos dá tempo igual temos nós algunha preparada e, evidentemente, vai moi cerquiña de onde estaban esas letras de ‘Bo Nadal’”.

Tamén avanzou que haberá sorpresas no acto que inaugurará o Nadal estradense, o acendido do alumeado que se celebrará este venres ás 19.30 horas na Praza do Concello.

Algunhas das novidades presentadas da programación son a Festa Pre Fin de Ano, que se celebrará o 26 de decembro, e os tardeos de Fin de Ano.

Imaxe de portada: presentación da programación // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario