Os operarios municipais tiveron que arranxar este xoves a rotura dunha tubaxe na Avenida Benito Vigo, que se produciu á altura do número 49 — onde se atopa Mimela. Debido a iso, produciuse un corte na traída de auga e, posteriormente, apareceu outro aviso de posible rotura, desta volta á altura do número 95 de dita avenida, aínda que se desbotou esa posibilidade “ao observar que a falta de auga nesa zona viña derivada da incidencia situada máis arriba”, segundo informou o Concello da Estrada nunha nota de prensa.
Os traballadores tardaron tres horas en restablecer o servizo e atopáronse coa dificultade de que as tubaxes na devandita rúa atópanse a 1,5 metros de profundidade, mentras que noutros puntos do casco urbano están a 30 centímetros.
Imaxe de portada: arranxo da rotura // Concello da Estrada

Deixar un comentario