Destináronse case 18.000 euros á redacción do proxecto da praia fluvial

Destináronse case 18.000 euros á redacción do proxecto da praia fluvial

Actuarase en tres zonas do espazo

O Concello da Estrada adxudicou o 13 de outubro a redacción do proxecto básico e de execución de recuperación da área recreativa da praia fluvial de Liñares e a reforma da edificación existente nela. Fíxoo mediante un contrato menor, sendo o adxudicatario Jose Cirugeda.

Recibiron tres propostas, sendo a máis alta de 14.950 euros e a máis baixa, de 14.850 euros. A elixida, por ese motivo, foi a máis baixa. Ao engadirlle os impostos, o total ascende a 17.968,50 euros.

Cómpre lembrar, que nunha reunión que mantivo o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o presidente autonómico comprometeuse a financiar parte desta obra.

Inmediatamente despois, Louzao propuxo ampliar a cesión do espazo aos 50 anos, algo que non sucedería ata finais de outubro.

A intención é actuar en tres zonas: o borde fluvial, as áreas arboradas — onde conflúen as zonas de uso recreativo, social e cultural — e os elementos construtivos, é dicir, as terrazas, o bar, o restaurante e o almacén.

Imaxe de portada: presentación do proxecto da praia fluvial aos socios da Sociedade Río Ulla // Concello da Estrada / Arquivo

Comentarios

Deixar un comentario