A Estrada estrea photocall

A Estrada estrea photocall

Este martes comezou a instalación do novo photocall da Estrada. Aínda que inicialmente estaba previsto colocalo na alameda, finalmente trasladouse á Praza da Constitución, de tal xeito que no momento no que algúen se fotografe con el quede ás súas costas o consistorio estradense.

Co nome escrito en branco, en horario nocturno poderáse iluminar de diferentes cores, tal e como ocorre coa fachada do Concello. Esta instalación era a sorpresa que se avanzara durante a presentación da programación de Nadal.

Imaxe de portada: photocall instalado // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario