Dobre cita musical coa Banda Municipal da Estrada

Dobre cita musical coa Banda Municipal da Estrada

Esta semana a Banda de Música Municipal da Estrada organiza dúas actividades. Por unha banda, o xoves 18 ás 19.00 horas celebrarán o Festival de Nadal da Escola da Banda Municipal. Nel observarase o traballo realizado polo alumnado dende outubro, tanto de xeito individual coma grupal, con actuacións da Banda Infantil e da Banda Escola.

Pola outra, o vindeiro venres 19 ás 20.00 horas a Banda Municipal da Estrada e as corais de Berres e Santa Cruz de Ribadulla ofrecerán o concerto Música de Nadal. Será un repertorio de pezas de Nadal. Para este concerto é necesario retirar convite no Departamento de Cultural do Concello.

Ambos concertos celebraránse no Teatro Principal.

Comentarios

Deixar un comentario