A exposición sobre Castelao chega á Estrada

A exposición sobre Castelao chega á Estrada

Pódese visitar na Casa das Letras

A exposición “Castelao. De Sempre en Galiza ao Consello de Galiza”, impulsada pola Fundación Penzol, inaugurouse este xoves na Casa das Letras. Nela percórrese o proceso de creación do libro Sempre en Galiza e o contexto histórico no que xurdiu o Consello de Galiza, organismo que presidiu o propio Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Poderase visitar ata o vindeiro 10 de xaneiro de luns a venres , de 9.00 a 15.00 e de 17.00 a 20.00 horas, agás os mércores. Con esta exposición remataranse os actos previstos polo Ano Cultural no concello no que Castelao pasou parte da súa vida.

Imaxe de portada: inauguración da exposición // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario