Clausurouse o Ano Cultural Avelina Valladares
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, avanzou que 2026 será o Ano Cultural Virxinia Pereira, servindo de continuación do Ano Cultural Avelina Valladares e do Ano Castelao.
“Se este 2025 o vivimos con especial fervor en toda Galicia adicado ao 75 aniversario do pasamento de Castelao e diciamos que non queriamos ensombrecer a Avelina Valladares con Castelao”, polo que se lle adicou o último mes ao escritor rianxeiro, “na Estrada o 2026 vai ser unha continuación dese universo Castelao”.
Lembrou que puido visitar a habitación na que faleceu, en Bos Aires, e que o segundo concello no que máis tempo pasou foi A Estrada, de onde era natural Virxinia Pereira, quen foi a súa muller.
“Todos os actos culturais do 2026 estarán centrados en divulgar a figura dunha das mulleres máis importantes que tivo e que dou a nosa terra”
Esta proposta será levada a pleno en xaneiro e contará con varias actividades en torno á figura de Virxinia Pereira.

Este anuncio fíxoo durante o acto de clausura do Ano Cultural Avelina Valladares, celebrado na estatua que ten a Cantora da Ulla na Avenida da Cultura. Comezou cunha ofrenda floral e posteriormente o mandatario lembrou algúns dos eventos realizados durante el. Asemade, anunciou que se colocará unha placa conmemorativa deste Ano Cultural.
Pola súa banda, Maricarmen Ferreirós, en representación da familia Valladares, felicitou “ao pobo da Estrada por este Ano Avelina”. “A modestia de Avelina impediulle brillar no seu tempo como merecía”, asegurou, “pero este ano brillou con forza”.
Imaxe de portada: ofrenda floral na escultura de Avelina Valladares // Xornal da Estrada

Deixar un comentario