É unha campaña do BNG a nivel galego
O vindeiro venres a campaña do BNG “Mellor local, Mellor galego” chegará á Estrada cun acto a pé de rúa. Como parte desta campaña o BNG instou á Xunta a impulsar unha nova Lei de Comercio para blindar o futuro do pequeno comercio galego e reivindicou un incremento de 20 millóns de euros nas partidas orzamentarias da Xunta destinadas ao sector.
Amais, defenden unha moratoria á instalación de novas grandes superficies e o fomento de políticas de compra pública responsable.
O voceiro nacionalista na Estrada, Xoán Reices, quixo salientar o papel do comercio local como motor económico e social do concello. “Dan vida ás rúas e garanten un modelo máis sostible”, defendeu.
Por iso, e co apoio de militantes e simpatizantes, o vindeiro venres repartirán a pé de rúa material informativo de dita campaña polos comercios da vila. O seu obxectivo, comentan, é animar á veciñanza a realizar as súas comparas nos establecementos de proximidade.

Deixar un comentario