Un estradense saíu ileso
Dúas persoas tiveron que ser trasladadas despois de verse implicados nun grave accidente acontecido ás 5.00 horas deste domingo na N-550, na variante de Caldas de Reis.
Segundo informa o 112, bateron unha furgoneta e un coche, quedando a furgoneta envorcada e o coche incendiado. Foi necesario excarcerar ao condutor da furgoneta, segundo estas mesmas fontes, e tivo que ser trasladado ao hospital, igual que o condutor do turismo.
Outras dúas persoas resultaron ilesas, entre elas un veciño da Estrada, segundo informa Emerxencias Cuntis. No momento no que se produciu o sinistro as condicións meteorolóxicas eran moi adversas.
Ata o punto desprazáronse efectivos de Emerxencias Cuntis, Garda Civil, 061 e Bombeiros do Salnés.
Imaxe de portada: Vehículos sinistrados // cedida


Deixar un comentario