A Fervenza de Ouzande propón unha camiñata ao Castro de Arcos para Nadal

A Fervenza de Ouzande propón unha camiñata ao Castro de Arcos para Nadal

A Fervenza de Ouzande programou para este día de Nadal a 14ª edición da Ruta de Nadal. Nesta ocasión subiráse ao Castro de Arcos, no concello de Cuntis. Serán 12 quilómetros de percorrido cunha dificultade media baixa. Sairáse ás 9.30 horas desde a igrexa de Ouzande e chegaráse ao mesmo lugar ás 13.15.

Con esta proposta, poderáse gozar da paisaxe, con vistas desde as que se pode chegar a apreciar a ría, e de conversas amigables, amais de alixeirar a cea de Noiteboa e preparar o estómago para o xantar de Nadal. Desde a asociación recomendan levar calzado cómodo e impermeable.

Nas seguintes liñas poden descubrir algúns dos atractivos que se visitará ao longo da ruta.

Castro de Arcos. Sito no Concello de Cuntis. Fermoso promontorio, coas trazas de castro, pero que está sen escavar. Desde o alto. obsérvanse fermosas panorámicas do Val da Anllada e do monte Xesteiras. Recoméndase levar prismáticos, pois mesmo se chega a ver a Ría desde o alto. O castro está en moi boas condicións de accesibilidade cos camiños limpos e constitúe un destino sendeirista perfecto.

Encoro da Estrada: Descenderemos pola beira do antigo encoro que abastecía de auga á vila da Estrada, convertido hoxe en día nunha lagoa na que destaca a vexetación propia de ribeira así como a presenza dalgunhas aves migratorias nalgunhas épocas do ano.

Espazos naturais e paisaxe: A ruta combina espazos naturais autóctonos de moito valor con zonas moi deterioradas polo efecto humano nas que se fixeron grandes plantacións de eucaliptos mesmo en zonas de humedais e turbeiras de gran valor ecolóxico. Tamén, recentemente, foron instalados varios muíños de vento, cuxas obras provocaron certo impacto na contorna e o deterioro de algunhas paraxes.

Imaxe de portada: cartel da camiñata // cedida

Comentarios

Deixar un comentario