A cota baixará aos 600 metros
Papá Noel vai traer máis frío ás comarcas, ademais de xornadas marcadas polo bo tempo e, quizais, por algunha nevarada.
Segundo as previsións da AEMET, este mércores será unha xornada con protagonismo para os ceos cubertos no concello de Forcarei e con algún claro nos da Estrada e Cuntis. Tamén pode haber néboas e nos puntos altos poderíanse rexistrar temperaturas baixo cero.
O día de Nadal será frío. Pola mañá os ceos estarán despexados, aínda que terán algunha nube. Nas últimas horas do día poderíanse rexistrar precipitacións lixeiras. A cota de neve situaráse nos 600 metros.
O venres será unha xornada aínda máis fría e na que as previsións falan de neve a partir dos 600 metros, aínda que tampouco o dan por seguro. As nevaradas, de producirse, terían lugar durante a madrugada. Pola tarde, aínda que a cota baixaría aos 500 metros, as previsións indican que os ceos alternarán as nubes cos claros.


Deixar un comentario