“Ás veces sintes que as cousas que publicas aparecen como no baleiro, non tes ese feedback”

“Ás veces sintes que as cousas que publicas aparecen como no baleiro, non tes ese feedback”

Raquel Pico recibiu o Premio Reimóndez Portela

Este luns a concelleira de Cultura, Lucía Seoane, fixo entrega do Premio Manuel Reimóndez Portela á xornalista Raquel C. Pico, quen foi galardoada polo seu artigo Non estamos ben en internet.

“Que contarvos de internet? Ese lugar no que estamos tanto tempo e que tan importante é na nosa vida cotiá e ao mesmo tempo que nos fai sentir tan mal e que ten tanto impacto negativo na nosa vida”, dicía Pico aos xornalistas presentes durante a entrega do premio.

Comentou que o artigo aborda “como impactan as redes sociais e a hiperconectividade na nosa saúde, tanto na nosa saúde como persoas coma na nosa saúde como sociedade”.

Do mesmo xeito, recoñeceu a importancia da existencia de premios como o Reimóndez Portela, dado que “neste mundo no que escribimos en internet e publicamos en internet, estamos moitas veces como desconectadas do mundo”. “Ás veces sintes que as cousas aparecen como no baleiro, non tes ese feedback“, continuou antes de engadir que este galardón “invita a facer un xornalismo máis repousado”.

Imaxe de portada: entrega do Premio Reimóndez Portela // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario