O Estradense perde a un dos seus atacantes fichados esta mesma tempada: o venezolano Álex Delgado. Este extremo esquerda anunciou este mesmo mércores a súa fichaxe polo Montañeros ata o remate da tempada.
De 20 anos de idade, chegou procedente do Betanzos, equipo no recalou tras estar vencellado dende pequeno ao Deportivo, cun paréntese de dúas tempadas nas que xogou no Celta. Asemade, foi convocado pola selección venezolana sub-20.
Nun comunicado en redes, recoñeceu que o equipo roxillo “foi a miña casa durante estes meses” e que alí, pese a ser un paso curto, “puiden desfrutar, aprender e valorar moitas cousas”.
“Tendes unha afección e un pobo espectaculares que seguro que, co tempo, demostrarán o grandes que sodes”, asegurou. Mostrou a súa “pena” por deixar o proxecto roxillo, co que “estaba comprometido cos obxectivos que tiñamos, pero estou seguro de que os ides lograr”.
Para concluír, agradeceu o cariños da afección, da directiva, do corpo técnico e dos seus compañeiros, “que cada día faciádesme sentir nunha familia”, antes de desexarlles “o mellor” e afirmar que “recordareivos con cariño”.
“Un adiós nunca es fácil.
Hoy me despido del Estradense, un club que ha sido mi casa durante estos meses y donde, pese al tiempo que he estado, he podido disfrutar, aprender y valorar muchas cosas.
Tenéis una aficción y un pueblo espectaculares que seguro con el tiempo demostrarán lo grandes que sois. Es una pena separar nuestros caminos, ya que estaba comprometido con los objetivos que teníamos, pero estoy convencido de que los vais a lograr.
Gracias a la aficción, directiva, cuerpo técnico y sobre todo a mis compañeros, que día a día me hacíais sentir en una familia. Os deseo lo mejor y os recordaré con cariño”
Comunicado de Álex Delgado
Esta baixa nas filas roxillas súmase a de Iván Martín, que se produciu a finais de 2025. Esta chegou motivada polos poucos minutos que puido xogar o hispalense e produciuse de mutuo acordo.
Porrúa deixa o Compostela
Noutra orde das cousas, Pablo Porrúa, quen deixou o Estradense co remate de tempada para xogar no equipo no que sempre o quixo facer, anunciou que deixou o Compostela.
Este centrocampista de Ames despediuse dos roxillos con pena e, segundo publicou este mesmo mércores o Faro de Vigo, desde a directiva do Estradense admiten que un posible retorno faríase pensando a curto pero tamén a longo prazo.
Imaxe de portada: un partido do Estradense. Co número 11, Álex Delgado // Xornal da Estrada / Arquivo

Deixar un comentario