O pasado verán o Estradense e Pablo Porrúa separaban os seus camiños porque ao de Bertamiráns ofrecéronlle a oportunidade de xogar no equipo no que sempre quixo facelo: o Compostela. Agora, varios meses despois, os seus camiños vólvense xuntar.
Chámeselle o fideo de Bertamiráns, o furiño máxico, Porru ou Porrúa, será a súa terceira etapa vestindo a camisola vermella do Estradense. Unha terceira etapa que, asegura, chega despois de non sentirse partícipe da ilusión do posible ascenso do Compos pola falta de minutos. Iso si, regresa co soño de rematar o que non se rematou a pasada tempada: o ascenso a Segunda.
Noutra orde das cousas, este anuncio coincidiu coa marcha de Álex Delgado, aínda que ambos movementos de mercado son independentes o un do outro.
Álex Delgado deixa o Estradense para fichar polo Montañeros
Chegara ao equipo roxillo esta tempada
Imaxe de portada: Porrúa tras un dos seus últimos partidos co Estradense // Xornal da Estrada / Arquivo

Deixar un comentario