O emblemático farol foi retirado para restauralo
Unha das imaxes que nos deixou este mércores foi a desmontaxe do farol que popularmente lle dá nome á Praza de Galicia, é dicir, á Farola. Esta escena, pese ao descontento que está a xerar nas redes sociais, era algo que estaba previsto, aínda que o seu anuncio fíxose coincidir coa instalación da antiga fonte na mesma praza.
No momento no que as obras chegaban á confluencia entre as rúas San Paio e 56 (a finais de novembro de 2025), Gonzalo Louzao anunciou que se ía levar a restaurar o emblemático farol, algo que sucedeu este mércores.
Tras iso, a previsión é colocalo no lugar que ocupará a partir de agora ou, o que é o mesmo, estará algo máis próxima á Rúa Peregrina (a que se emprega para ir á zona do Novo Mercado e á dos Viños ou á Avenida de América). Esa foi a opción que foi elixida no referendo celebrado en novembro de 2024.

Imaxe de portada: operarios retirando o farol // cedida

Deixar un comentario