Este martes, un día antes do previsto, pechouse ao tráfico rodado a Farola para comezar co fresado do asfalto e, posteriormente, botar formigón de limpeza. O peche durará ata antes do Entroido, momento no que se reabrirá para a celebración dos diferentes desfiles desa época do ano.
Ao pecharse este espazo céntrico, reorganizouse o tráfico rodado desde a parte superior de Pérez Viondi ata a Avenida de América. Os vehículos que suban desde a Avenida Benito Vigo por Pérez Viondi serán desviados por Irmáns Valladares — á altura do establecemento Arco da Vella –, que cambiou o seu sentido habitual, para así chegar á Avenida de América.
Do mesmo modo, polo momento continúan pechadas aos vehículos as rúas 56, San Paio e Marqués Vega de Armijo, así como Don Nicolás, que pasará a ser peonil. En canto ao acceso a garaxes, mantense como ata o de agora: aos das rúas do Cruceiro, 56, San Paio e Don Nicolás accederáse polos tramos non afectados polas obras e aos de Marqués de la Vega de Armijo desde o segundo tramo de Don Nicolás.

En canto ás paradas de taxi e autobús, a de taxis da Farola trasládase á parte superior de Pérez Viondi — entre o inicio das obras e o cruce con Irmáns Valladares –, mentras que a de bus que había nesa praza manteráse no Concello, onde se colocou co peche das rúas 56 e San Paio.
Imaxe de portada: Rúa Pérez Viondi á altura do cruce con Irmáns Valladares // Xornal da Estrada

Deixar un comentario