Encontro sobre os beneficios que ten para a saúde tecer

Encontro sobre os beneficios que ten para a saúde tecer

Na mañá deste martes o establecemento Yu Lugar de Encuentro (sito no antigo Panamá) acolleu un encontro con Teté Iglesias, con quen falaron dos beneficios que ten o tecido e o ganchillo.

Este encontro repetiráse este mércores ás 17.30 horas nese local, no marco do seu programa Multiplicadores de Benestar.

Algúns dos obxectos realizados por Teté Iglesias // cedida

“Tocouse o tema de como un, segundo vai madurando na vida, vai aprendendo. Por exemplo, as dificultades, os nós, cando nos saen mal, o ter que volver a comezar son habilidades que nos serven para afrontar situacións cotiás”, comentou Yumara, unha das propietarias do establecemento.

Tras isto, crearanse uns grupos de tecido que, tal e como teñen previsto, realizaranse os mércores ás 18.00 horas nesa cafetería. De dúas horas de duración, cada sesión custará seis euros, sen ter que ser unha asistencia continuada e tendo que levar os participantes o seu material. Nel, Teté Iglesias ensinará a facer bonecos e outros elementos máis dificultosos.

Imaxe de portada: bonecos feitos por Teté Iglesias // cedida

Comentarios

Deixar un comentario