Activan un aviso vermello por chuvias intensas para o luns e o martes

Activan un aviso vermello por chuvias intensas para o luns e o martes

A AEMET activou un aviso vermello para este luns e a madrugada do martes por chuvias intensas derivadas do paso dunha fronte moi activa.

Desde as 8.00 horas deste luns permanecerá activo un aviso vermello por chuvia en 12 horas, podéndose acumular 120mm nese período. Este aviso prolongaráse ata as 3.00 horas da madrugada do martes.

Desde as 12.00 horas e ata a medianoite tamén estará activo un aviso amarelo por chuvia nunha hora, con acumulados de 15mm nese periodo de tempo. Asemade, Ás 18.00 horas activarase outro aviso amarelo, esta vez por refachos de ata 80km/h. Este aviso desactivarase ás 6.00 horas do martes.

Precipitación prevista desde as 14.00 horas do luns ata ás 2.00 horas do martes // MeteoGalicia

Os peores momentos, segundo as previsións da AEMET no momento de redacción desta noticia, serán entre as 12.00 e as 16.00 horas e entre as 20.00 e o remate do día.

Relacionado

Niveis de aviso

  • Verde: Sen risco meteorolóxico
  • Amarelo: Non existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral, pero si para algunha actividade concreta.
  • Laranxa: Existe un risco meteorolóxico importante (fenómenos meteorolóxicos non habituais e con certo grado de perigo para as actividades habituais).
  • Vermello: Risco meteorolóxico extremo (fenómenos meteorolóxicos non habituais, de intensidade excepcional e cun nivel de risco para a poboación moi alto). Non viaxe salvo que sexa estritamente necesario.

Comentarios

One response to “Activan un aviso vermello por chuvias intensas para o luns e o martes”

  1. Avatar de Envían un ES-ALERT polo risco de precipitacións intensas deste luns – Xornal da Estrada

    […] Ás 19.30 horas os teléfonos de todos os veciños que se atopan na zona denominada Interior de Pontevedra recibiron unha mensaxe ES-ALERT alertando do risco que conlevan as precipitacións que se agardan para este luns e que levaron á AEMET a activar un aviso vermello, pois pódense acumular 120mm en doce horas. […]

    Gústame

Deixar un comentario