A Estrada leva este venres os orzamentos á comisión de Facenda

A Estrada leva este venres os orzamentos á comisión de Facenda

Segundo Blanco o atraso produciuse polo cese da anterior interventora, en cumprimento do prazo máximo establecido para interinos

O concelleiro de Economía e Facenda, Alberto Blanco, confirmou que o vindeiro venres ás 20.00 horas cando goberno e oposición debaterán nunha comisión informativa de Facenda e Especial de Contas sobre os orzamentos para este 2026.

Blanco confirmou que os concelleiros teñen á súa disposición dende venres as contas que o goberno municipal configurou. Ademais, tamén na noite deste mércores vai ser presentada ao pleno do Consello Económico e Social e á Mesa Local de Comercio. Do mesmo xeito, ás 12.00 horas do venres informarán deles á Mesa de Negociación.

“Con respecto ao proxecto, no que é a súa parte política, este grupo de goberno tiña no mes de setembro os números preparados, pero diversas circunstancias impediron que se puidese convocar a comisión ata este momento”, explicou Blanco sobre o atraso que levan na súa aprobación. “Estas circunstancias foron o cese, tras o cumprimento do prazo máximo establecido para interinos, da anterior interventora, o que nos obrigou a tomar medidas de urxencia. Tivemos que acudir a un interventor acumulado, ao que lle agradecemos todo o traballo que fixo, pero sen ter a posibilidade de sacar realmente adiante os informes deste orzamento”, continuou. “Temos agora unha interventora que fixo o paquete documentario que conleva un orzamento municipal e por fin podemos traer estes orzamentos á súa presentación”, engadiu.

O orzamento que se vai presentar é de 19.456.000 euros, un 10% máis ca o de 2025. “É un orzamento que, como non pode ser doutra forma, tenta cubrir todas as necesidades ordinarias e todos os servizos públicos básicos, incrementado partidas importantes, tanto nos servizos públicos de propia competencia como os que impropios”, afirmou.

En detalle

Imaxe de portada: Alberto Blanco e Gonzalo Louzao // Concello da Estrada

Comentarios

One response to “A Estrada leva este venres os orzamentos á comisión de Facenda”

  1. Avatar de López Bueno cre que os de 2026 son “uns orzamentos para a foto” – Xornal da Estrada

    […] O PSOE da Estrada valorou os orzamentos presentados polo Concello da Estrada para este 2026, que aínda están pendentes de aprobar en pleno, segundo informou Alberto Blanco, por un cambio de interventora. […]

    Gústame

Deixar un comentario