Retiran unha plancha de grandes dimensións dun edificio da Rúa Ulla

Emerxencias alerta do risco de caídas de árbores

Na mañá deste mércores foi necesaria a presenza dos bombeiros de Silleda para retirar unha chapa de metal dun tellado na Rúa Ulla debido a que o brazo co que conta Emerxencias A Estrada non era o suficientemente longo. No punto tamén estivo a Policía Local.

Ademais, en Radio Estrada, Emerxencias A Estrada alertou do risco de que continúen caendo árbores nas vindeiras xornadas. Aos ventos fortes de Kristin que xa obrigaron a activar sendos avisos amarelos para xoves e venres, súmase o terreo enchoupado como consecuencia das chuvias das últimas semanas.

Comentarios

Deixar un comentario