Retiran unha chapa en Pérez Viondi

Retiran unha chapa en Pérez Viondi

Na tarde deste venres os bombeiros desprazáronse ata a Rúa Pérez Viondi para retirar unha chapa que se soltou como consecuencia do temporal. Iso obrigou a que a Policía Local cortase momentáneamente a rúa.

Ballón na Rúa Calvo Sotelo // Xornal da Estrada

Durante a tarde deste venres o concello estivo en aviso amarelo por vento (70km/h), chuvia (15mm nunha hora e 40 en 12h) e treboadas intensas. O por que destes avisos tivo a súa máxima demostración pasadas as 16.30 horas, momento no que unha intensa treboada descargou unha importante cantidade de auga en escasos minutos á vez que o vento sopraba con forza.

Imaxe de portada: Bombeiros en Pérez Viondi // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario