OSonDoSar
“Hemos aprendido a volar como los pájaros, a nadar como los peces, pero no hemos aprendido el sencillo arte de vivir como hermanos”
Martin Luther King
Esta frase, a pesar de ser dita xa fai anos a día de hoxe segue reflectindo en moitos casos unha gran verdade sobre a sociedade de hoxe en dia, e mais nun tempo onde as novas tecnoloxias provocan que as relacións entre iguais sexan cada vez máis frias, non sendo doado sentirte parte de un grupo.
Antes de nada, gustarianos presentarnos como e debido, nos somos OSonDoSar (🅾 𝐈𝐧𝐬𝐭𝐚𝐠𝐫𝐚𝐦 ★ @Osondosar_Freestyle) e adicamos o noso tempo ao arte da rima e a improvisación, xa sexa organizando eventos abertos a quen desexe formar parte ou talleres de iniciación a rima e risoterapia con toda clase de xente, dende mozos ata maiores. Polo tanto na nosa experiencia, descubrimos que o que facemos e mais importante que “Botar tres berridos ou catro insultos” se non que vai moito máis alá, posto que para muitos, o “freestyle” deixa de ser só un pasatempo para ser unha especie de salvación ou forma de vida Cubrindo moitas das necesidades sobretodo en adolescentes.

- Necesidade de ser escoitado e pertencer a un grupo: Os mozos/as, necesitamos ser escoitados e tratados coma un mais e o movemento hip hop sempre levou como bandeira a comunidade, a paz, o saber, a libertade, la xustiza, o amor por un mesmo e polo que fas, a unidade, a responsabilidade, o respeto demais e por un mesmo e a INTEGRACIÓN, uns valores moi marcados, que provocan que a primera vez que un rapaz novo baixe a un parque (Referimonos a “parque” ou “plaza” a os sitios onde rapea a xente) encontrese con xente pintoresca, con defectos, vicios e virtudes, pero que sen nada a cambio tratará de integralo xa que se ese rapaz volve GAÑAMOS TODOS
- Perdida da vergoña e mellora da expresión verbal e corporal: Expresarse con soltura e unha necesidade, un gran apoio ao largo da vida, e a improvisación ao momento diante de un público que vai disfrutar do que fagas, prestando atención e aconsellandote da mellor das maneiras, axudache mais do que un pensa de primeiras.
- Gasto enerxetico positivo: Rapear, ti solo nun cuarto ou simplemente escribir os teus problemas nun papel pode chegar a ser ata terapéutico, e o freestyle, sendo arte, e un canalizador PERFECTO das enerxias da xente nova, transformando unha inquietude, nunha saida
- Mellora a creatividade, a memoria e a velocidade de mente: Sendo rima e improvisación ao momento e evidente que todo isto vai da man, pero queremos deixar claro que para facer isto NON HAY QUE TER UN TALENTO DE NACEMENTO ou SER TOCADO POR “UNHA VARITA” comprobamos que con esforzo, e dedicación calquer persoa pode soltar uns versos e mellorar nesta disciplina tan bonita
- Mantemento cognitivo dos mais maiores: E reservamos este ultimo punto para falar do que mais nos impactou. Grazas a asociación Afasal (🅾 𝐈𝐧𝐬𝐭𝐚𝐠𝐫𝐚𝐦 ★ @afasalarousa) institución que nos regalou a oportunidade de traballar con persoas con alzheimer de maneira mensual. Descubrimos que grazas a rima, e sobretodo A MUSICA os usuarios, estan presentando xa non so un mantemento en facetas da enfermidade, se non unha mellora cognitiva no aprendizaxe e integración da rima no seu dia a dia, puidendo ser unha mina de ouro a explotar polos profesionais da memoria a nivel mundial.
Istos 5 puntos, e os que quedan por falar, demostran que o arte, xa sexa de calquer tipo, axudan a os rapaces/as a ser mellores dia tras dia, a relacionarse e a demostrarse a eles mesmos QUE SON VÁLIDOS dando un apoio de autoestima a o corpo moitas veces necesario, demostrando unha vez mais que da igual quen sexas, o que fagas, ao que te adiques ou que tan negra se vexa a actualidade, todos somos bos e valiosos, para algo ou alguén, moitas grazas por leer.
Estaremos encantados de escoltar as vosas palabras, suxerencias ou críticas:
(🅾 𝐈𝐧𝐬𝐭𝐚𝐠𝐫𝐚𝐦 ★ @osondosar_freestyle)
(📧 sondosarfreestyle@gmail.com)
Imaxe de portada: Xfest A Estrada. Batallas de rap // OSonDoSar




Deixar un comentario